martes, 17 de diciembre de 2013

E continuamos, os trotamúsicos de 2º van a interpretar a panxoliña "Zumba, zúmballe ao pandeiro". Aquí vos deixo a letra para que vaiades practicando:

Esta noite naceu un neno
branco louro e encarnado .
el a de ser o pastorciño, para coidar o gando.
Zumba, zúmballe ao pandeiro,
ó pandeiro e ó  rabel.
Toca, toca a zambomba. Dalle, dalle a todo tren.
A Virxe foi a lavar
os cueiros a unha fonte e díxolle a San Xosé
-Coida ó neno non acorde-.
.Zumba, zúmballe ao pandeiro,
ó pandeiro e ó  rabel.
Toca, toca a zambomba. Dalle, dalle a todo tren.
Máis o neno espertou
e comenzando a chorar
¡Válgame Deus e a sua nai!
cando quererá calar.
Zumba, zúmballe ao pandeiro,
ó pandeiro e ó  rabel.
Toca, toca a zambomba. Dalle, dalle a todo tren.
A Virxe é panadeira
e San Xosé carpintero
e o neno recolle estrelas para cocer o pucheiro
Zumba, zúmballe ao pandeiro,
ó pandeiro e ó  rabel.
Toca, toca a zambomba. Dalle, dalle a todo tren.

No hay comentarios:

Publicar un comentario